Andorra la Vella Índice Historia | Demografía | Turismo | Economía | Transportes | Cidades irmandadas | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación42°30′27.11″N 01°31′18.54″L / 42.5075306, -1.5218167www.comuandorra.adCriterios para o uso da linguao orixinalUniversidade de VigoArquivadoeComú d'Andorra la VellaAndorra a VellaWorldCat14018342611865925z1822576ID000387130415634355876-8n88060677ID3657693472553
Andorra la VellaCanilloEncampEscaldes-EngordanyLa MassanaOrdinoSant Julià de Lòria
Andorra la VellaCidades de Andorra
Principado de Andorra2007Valira d'OrdinoValira d'EncampEscaldes-EngordanySant Julià de LòriaturismotabacocoñacCasa de la Vallséculo XVIConsell General1702románicosséculo XIcatedral de la Seu d'Urgell8391278Obispado de UrgellCondado de Foix19781993Constituciónparlamento democráticoexecutivolexislativoxudicialVancouverCanadáEscaldes-EngordanySant Julià de Lòria2007españoisandorranosportuguesesfrancesesSanta ColomaturismocomercioimpostosmoblestabacocoñacaeroportosTolosaXironaPerpiñánLleidaBarcelonaestación de trenautobúsL'Hospitalet-près-l'AndorreParísaeroporto de Barcelona
Andorra la Vella
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Coordenadas: 42°30′27.11″N 01°31′18.54″L / 42.5075306, -1.5218167
Andorra la Vella | |||
---|---|---|---|
Localización | |||
Andorra la Vella | |||
País | Andorra | ||
Parroquia | Andorra la Vella | ||
Xeografía | |||
Altitude | 1 023 msnm | ||
Superficie | 12 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 22 256 hab. (2011) | ||
Densidade | 2008 hab/km² | ||
Xentilicio | Andorrano/a | ||
Outros datos | |||
Código postal | AD500 | ||
Alcalde | Maria Rosa Ferrer Obiols | ||
www.comuandorra.ad |
Andorra la Vella[1][2] é a capital do Principado de Andorra e forma unha das sete parroquias nas que se divide o país, sendo a máis pequena en superficie e tamén a máis poboada.
Ten 12 km² e 24.574 habitantes (2007), situada na confluencia dos ríos Valira d'Ordino e Valira d'Encamp a 1.013 m de altitude. Forma unha aglomeración urbana duns 50.000 habitantes coas poboacións de Escaldes-Engordany ao leste e Sant Julià de Lòria ao sur.
A industria principal é o turismo, aínda que tamén destacan o comercio e os rendementos do capital estranxeiro depositado nas súas oficinas bancarias. Prodúcense mobles, tabaco e coñac.
O edificio máis emblemático da cidade é a Casa de la Vall, do século XVI, sede do Consell General dende 1702 e con preciosas pinturas murais.
A igrexa parroquial está dedicada a Santo Estebo, conserva a ábsida e o campanario románicos do século XI. Ao sur da cidade está a igrexa románica de Santa Coloma, co campanario circular.
Índice
1 Historia
2 Demografía
3 Turismo
3.1 Edificios e monumentos
4 Economía
5 Transportes
6 Cidades irmandadas
7 Notas
8 Véxase tamén
8.1 Ligazóns externas
Historia |
Hai constancia de poboamento na rexión dende antes da era cristiá. Menciónase a parroquia de Andorra pola primeira vez na acta de consagración da catedral de la Seu d'Urgell, no ano 839. É a capital do principado dende 1278, despois de que o Obispado de Urgell e o Condado de Foix decidisen compartir a soberanía do territorio andorrano. O sobrenome de "la Vella", derivado de "la Vila", engadiuse posteriormente para diferenciala do Principado.
O ano 1978 Escaldes-Engordany separouse da parroquia de Andorra.
En 1993 a nova Constitución estableceu un parlamento democrático, con sistema executivo, lexislativo e xudicial, todos situados na cidade.
Andorra a Vella optou a ser a sede dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2010, que finalmente se celebraron en Vancouver (Canadá).
Demografía |
A cidade de Andorra a Vella forma unha aglomeración urbana duns 50.000 habitantes xuntamente coas parroquias de Escaldes-Engordany ao leste e Sant Julià de Lòria ao sur. Esta aglomeración esténdese en sentido lonxitudinal seguindo o trazado da estrada.
Andorra a Vella ten 24.574 habitantes, segundo o censo de 2007. A poboación está composta por un 43% de cidadanos españois, 33% de andorranos, 11% de portugueses, e 7% de franceses, máis algunhas outras comunidades minoritarias.
A parroquia está formada por dúas entidades de poboación: Andorra la Vella e Santa Coloma.
1865 | 1947 | 1965 | 1985 | 1995 | 2005 |
---|---|---|---|---|---|
1.100 | 1.975 | 8.833 | 17.201 | 21.984 | 23.587 |
Turismo |
Edificios e monumentos |
Casa de la Vall. Un dos edificios máis emblemáticos da cidade, é unha casa-forte do século XVI que actualmente serve ao Consell General (parlamento andorrano) desde 1702.
Igrexa de Santo Estevo. Igrexa parroquial que conserva o atrio e o campanario románicos do século XI. O resto, son remodelacións feitas con posterioridade, as máis significativas, nos anos 1940 a cargo do arquitecto modernista Josep Puig i Cadafalch.
Igrexa de Santa Coloma. Edificio prerrománico situado ao sur da parroquia, en Santa Coloma d'Andorra. Ten un campanario circular.
Pont de la Margineda. Ponte románico que cruza o río Valira. Situado ao norte, na antiga aldea da Margineda -practicamente limítrofe coa parroquia de Sant Julià de Lòria- trátase da ponte medieval máis grande dos que se conservan no Principado.
Castelo e igrexa de Sant Vicenç d'Enclar. Situado a 1.126 metros de altura, por encima de Santa Coloma d'Andorra. Complexo medieval, antigamente fortificado, que se levantou sobre construcións romanas entre os séculos VII e VIII.
Economía |
A principal fonte de ingresos é o turismo, así como o comercio e o sistema bancario no que non se pagaba impostos (xa que agora hai un novo imposto chamado ISI do 4%), factor que favorece os investimentos estranxeiros. Tamén se producen bens de consumo como mobles, tabaco e coñac.
Transportes |
A cidade non ten aeroporto propio atopándose a tres horas dos aeroportos máis próximos, situados en: Tolosa, Xirona, Perpiñán, Lleida e Barcelona. Este é o resultado da súa poboación pequena e o seu territorio moi montañoso. Ademais, non ten estación de tren, aínda que hai un servizo de autobús que une a cidade coa estación de tren francés en L'Hospitalet-près-l'Andorre, que ten servizos de longo percorrido a París e tamén ao aeroporto de Barcelona.
Cidades irmandadas |
Foix
Sant Pol de Mar
Valls
Notas |
↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2015. Consultado o 17 de decembro de 2014.
↑ Outras fontes empregan a forma Andorra a Vella (Universidade de Vigo Arquivado 01 de xuño de 2014 en Wayback Machine.)
Véxase tamén |
|
Ligazóns externas |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Andorra a Vella |
Comú d'Andorra la Vella (en catalán)- Andorra a Vella
|
Categorías:
- Andorra la Vella
- Cidades de Andorra
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.464","walltime":"0.575","ppvisitednodes":"value":1254,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":30183,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":3826,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":11,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":2282,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":12,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 488.329 1 -total"," 51.25% 250.249 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 12.61% 61.569 1 Modelo:Cidade"," 12.54% 61.244 1 Modelo:Listaref"," 11.13% 54.360 1 Modelo:Infobox"," 9.94% 48.559 1 Modelo:Coordenadas"," 8.70% 42.492 1 Modelo:Cita_libro"," 3.55% 17.343 1 Modelo:ParroquiasAndorra"," 3.39% 16.541 1 Modelo:Mapa_de_localización"," 3.13% 15.286 1 Modelo:Commons"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.265","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":5296592,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1296","timestamp":"20190315092240","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Andorra la Vella","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Andorra_la_Vella","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q1863","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q1863","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2005-03-21T23:06:04Z","dateModified":"2018-08-28T22:32:09Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/a/ad/Flag_of_Andorra_la_Vella.png"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":166,"wgHostname":"mw1239"););